CRTVG

Buscar

Morre un home en Barcelona tras unha pelexa na rúa

Publicado o 09/08/2019 10:18

Un home de 45 anos morreu como consecuencia das feridas que lle ocasionou outro no transcurso dunha pelexa en Barcelona.

A liorta de consecuencias mortais tivo lugar na praza do Comerç, no distrito de Ciutat Vella. Foi moi preto do Centro de Seguimento e atención ás drogodependencias.

Nun momento da pelexa a vítima caeu ao chan e o agresor golpeouna na cabeza cunha botella e fuxiu. Os equipos de urxencia levárono ao hospital, onde faleceu despois de dúas horas.

Coa deste home, de nacionalidade marroquí, son seis as mortes violentas en Barcelona no que vai de verán.



 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

09/08/2019