CRTVG

Buscar

Morre un home en Asturias ao caer por un cantil cando facía parapente

Publicado o 24/07/2019 13:00

Un home que facía parapente morreu ao caer por un acantilado no concello asturiano de Villaviciosa.
A vítima, de 45 anos e veciño de Xixón, quedou enganchado nunha árbore e ao cederen as pólas precipitouse ata a praia desde unha altura de 50 metros.

O grupo de rescate dos Bombeiros do Principado encargáronse de rescatar o corpo. Tiveron que facelo desde un helicóptero, xa que a preamar dificultaba o acceso ao lugar onde caeu a vítima.

Noticias web

24/07/2019