CRTVG

Buscar

Morre un home de 82 anos ao caer nunha fosa séptica na súa vivenda en Carballo

Publicado o 26/04/2019 17:56
Morre un home de 82 anos ao caer nunha fosa séptica na súa vivenda en Carballo

Un home de 82 anos faleceu este venres ao mediodía en Carballo ao caer no interior dunha fosa séptica, no interior da súa vivenda, en Sofán. Segundo informou o servizo de emerxencias do 112 Galicia, un particular púxose en contacto co servizo ao redor das 13:00 horas para alertar da caída do home nunha fosa séptica, cuns dous metros de profundidade. O 112 transmitiu o aviso ao 061 Urxencias Sanitarias, aos bombeiros de Bergantiños, á Garda Civil e a Protección Civil de Carballo.

Con todo, os servizos sanitarios desprazados ata o lugar xa non puideron facer nada para salvar a vida do home, que faleceu no punto. A vivenda estaba situada en Troián do Medio, na parroquia de Sofán e o falecido é un home de 82 anos, veciño da localidade, segundo precisou Protección Civil.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

26/04/2019