CRTVG

Buscar

Telexornal Mediodía

Morre un home de 66 anos nun accidente de tráfico en Chantada

Publicado o 14/09/2018 15:02
Accidente mortal en Chantada. A vítima é un home natural de Portomarín, de 66 anos, que viaxaba nun todo terreo que chocou contra outro turismo.



O sinistro foi no quilómetro 56 da Nacional 540, nunha zona de curvas en baixada que rodea Chantada. A outra persoa implicada é unha muller da Barrela, en Carballedo, que quedou ferida leve. A causa do accidente puido ser un esvaecemento do condutor ou un descoido. No que levamos de ano morreron 68 persoas nas estradas galegas.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí