CRTVG

Buscar

Morre un home de 65 anos sobre o seu tractor mentres traballaba nun terreo

Publicado o 01/08/2019 14:19

Daban as catro e 45 minutos cando o 112 recibía o aviso. Un veciño de 65 anos de idade da parroquia carballesa de Oza falecía cando estaba limpando un terreo da súa propiedade acompañado dun familiar. Segundo apuntan testemuñas, o home sentiuse indisposto mentres conducía o seu tractor no traxecto que hai dende a súa casa, e logo caeu sobre o vehículo neste camiño.

Ata o lugar desprazáronse efectivos de urxencias sanitarias, da Garda Civil e incluso foi mobilizado o helicóptero medicalizado dende Santiago, pero xa nada puideron facer pola súa vida. O falecido foi trasladado despois ao hospital para practicarlle a autopsia, pero as primeiras hipóteses apuntan a un infarto, xa que o home padecía do corazón.

O suceso provocou unha grande conmoción entre os veciños.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

01/08/2019