CRTVG

Buscar

Morre un home de 62 anos nunha colisión entre un coche e un camión en Baralla

Publicado o 10/09/2018 21:24

Un home de 62 anos morreu nun accidente de tráfico no concello lugués de Baralla. O falecido conducía un coche que foi bater contra un camión. O rescate do cadáver foi especialmente complicado.

Unha colisión entre un coche e un camión, rexistrada a primeira hora da tarde en Baralla, saldouse cun falecido. O condutor do turismo, un veciño de Lugo de 62 anos, morreu tras bateren ambos vehículos no quilómetro 476 da estrada N-VI, á altura do lugar da Valiña. 

O rescate do corpo do falecido resultou aparatoso, xa que quedara aprisionado polo motor do coche. Os bombeiros de Sarria e mais o GES de Becerreá traballaron conxuntamente para liberalo. 
Pola súa parte, o condutor do camión saíu ileso.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

10/09/2018