CRTVG

Buscar

Morre un home de 58 anos esmagado por un carballo que lle caeu enriba

Publicado o 18/01/2019 14:19

Un home de 58 anos faleceu esmagado por unha árbore cando traballaba nunha leira da parroquia de Santo Estevo de Cartelos, no concello lugués de Carballedo. O home estaba a realizar traballos de poda. Xa cortara numerosos carballos pero foi contra as cinco da tarde cando unha das árbores lle caeu enriba e quedou atrapado entre dous carballo.

O suceso tivo lugar a pouco metros do lugar da Laxa. Foi un un particular quen deu a voz de alarma e nun primeiro momento mobilizaron unha ambulancia do 061 e tamén un helicóptero con base en Ourense, co obxectivo de evacuar rapidamente a vítima, pero cando os médicos chegaron ao lugar só puideron certificar a súa morte.

Ao parecer, o home traballada de xornaleiro. Era natural de Portugal, pero el e a súa familia levaban xa anos asentados noutra parroquia próxima ao lugar do suceso, tamén no concello de Carballedo.

Noticias web

18/01/2019