CRTVG

Buscar

Morre un home de 43 anos ao bateren unha motocicleta e un coche en Moaña

Publicado o 14/03/2018 14:20

Un motorista faleceu tras un accidente de tráfico na zona de Domaio, en Moaña. O home que circulaba pola Nacional 551, por causas que se descoñecen, foi bater frontolateralmente contra un turismo. Ao lugar do suceso trasladáronse efectivos da Garda Civil, Protección Civil e unha ambulancia medicalizada do 061. Os sanitarios non puideron facer nada por salvar a vida do home, de 43 anos e veciño da zona, que faleceu no acto.   

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

14/03/2018