CRTVG

Buscar

Morre un home de 40 anos cando facía unha corta de árbores en Oia

Publicado o 01/05/2019 22:32

Un home portugués duns 40 anos morrreu cando facía unha corta de árbores. A vítima traballaba nun monte de Oia, no lugar coñecido como As Pozas de Loureza, cando se produciu o suceso. Persoal da empresa para a que traballaba alertou os servizos de uirxencias contra as sete e media da tarde do martes, sen aclarar as causas do sinistro.

Equipos do GES e da Garda Civil da Guarda desprazáronse ao lugar. Tamén se alertou os bombeiros do Baixo Miño e ata o Servizo de Gardacostas porque, debido ás dificultades de acceso, valorouse a saída do helicóptero Pesca 1 para facer o rescate.

O levantamento do cadáver realizouse ás once e media da noite.

 

Noticias web

01/05/2019