CRTVG

Buscar

Morre un home corneado nun encerro de Cuéllar, Segovia

Publicado o 29/08/2019 18:49

Un home de 62 anos morreu corneado por un touro no quinto encerro de Cuéllar, en Segovia.
Sucedeu esta mañá.

O touro realizaba o seu percorrido a campo aberto seguido por cabalistas. De repente, foi cara á zona onde había varios espectadores subidos nun muro. Algúns caeron e o touro corneou vítima no pescozo e no peito.

O home foi trasladado á enfermería da praza, pero xa chegou morto. Outras dúas persoas quedaron feridas leves. O Concello decretou tres días de loito.

Noticias web

29/08/2019