Atropelo mortal en Burela dun mozo que non levaba documentación
Un peón faleceu na madrugada deste mércores tras ser atropelado por un turismo na estrada N-642 ao seu paso polo concello de Burela. Segundo informou o 112, arredor das 5,15 horas, varios usuarios da vía avisaron o servizo de urxencia do atropelo. Trátase dun home duns 30 anos, que non levaba ningún tipo de documentación. Malia os esforzos dos servizos sanitarios desprazados ata o punto, só puideron confirmar o seu falecemento.
Emilio García, Protección Civil de Burela: "Pois que recibimos as 5.15 da mañá unha chamada do 112 dun alertante que había un atropelo, cando chegamos estaba a ambulacncia e a persoa xa falecera" Ao parecer faleceu no momento do atropelo, xa que o accidente foi a uns tres kilómetros do Hospital da Costa, e cando chegaron ose servizos médico o rapaz xa non tiña pulso.
O rapaz camiñaba pola gavia da nacional 634, á altura de Burela e en dirección Cervo. Dáse a circunstancia de que a estrada está con arames nas dúas beiras. Ademais, non levaba chaleco reflectante. Emilio García: "Non sabemos o porque estaba circulando por aquí, está todo vaiado, ía sen chaleco, unha cousa estrana, totalmente anormal"
O rapaz aínda está sen identificar, xa que non leaba ningún tipo de documentación. Esta mañá, a Garda Civil aínda volveu ao lugar do sinistro por se acaso durante o atropelo se perdese a documentación.Emilio García: "Non traía documentación nin obxectos, un home entre vinte e trinta anos aproximadamente"
O rapaz era de raza negra. A Garda Civil fixo perscudas entre a comunidade caboverdiana e senegalesa da zona, pero ningunha persoa o recoñece. O condutor que o atropelou deu negativo na proba de drogas e alcol Emilio García: "O condutor do outro coche dixo que non vira, que sentira un golpe, que non vira nata ata que sentiu o golpe" "que ata que sentoiu o golpe non se deu conta de nada, o coche estaba parado e un minuto despois viña un coche detrás que foi o que chamou ao 112"
O corpo do rapaz foi traladadoi ao HULA para que se lle practioqye a autopsia.