CRTVG

Buscar

Morre un home de 80 anos atrapado polo seu coche en Covas, Viveiro

Publicado o 27/10/2020 17:41

Un home de 80 anos faleceu este martes a tarde nas proximidades do cemiterio de Covas, en Viveiro, ao ser atrapado polo seu coche, informa o 112. Bombeiros de Viveiro desprazáronse ata lugar para tentar liberar ao falecido. Tamén interviñeron efectivos da Garda Civil de Tráfico, da Policía Local e de Protección Civil da localidade.