CRTVG

Buscar

Morre un home ao caer dun terceiro piso en Santiago de Compostela

Publicado o 08/06/2020 12:50

Conmoción no centro de Santiago a primeira hora desta mañá, ao se precipitar á rúa un home desde un terceiro piso.

Morreu na caída sen que se puidese facer nada por lle salvar a vida. A policía investiga as circunstancias do suceso e, ata o momento, non se puideron determinar as súas causas. 

 

Noticias web

08/06/2020