CRTVG

Buscar

Un veciño de Ferrol morre afogado na praia da Ladeira, en Ribeira

Publicado o 29/07/2019 10:57
Un veciño de Ferrol morre afogado na praia da Ladeira, en Ribeira

Un home morreu afogado na praia da Ladeira, do concello de Ribeira, contra as sete e media da tarde deste sábado, segundo acaba de confirmar a Policía Nacional.

Cando chegaron os servizos de emerxencia aínda estaba vivo, pero, malia os exercicios de reanimación, os sanitarios non puideron facer para salvarlle a vida.

Foron varios bañistas que se atopaban na praia os que deron a voz de alarma ao ver dúas persoas que tiñan dificultades para saír do mar. Era unha parella de Ferrol que, contra as seis da tarde, se estaba bañando nunha zona de correntes. Ela puido agarrarse a unha rocha, pero o home foi arrastrado.

Finalmente poideron atrapar o home a arrastralo ata a beira; alí, os equipos de emerxencias comezaron os maxes de reanimación. Tentárono máis dunha hora pero, finalmente, non puideron salvar este veciño de Ferrol.

O servizo de emerxencias 112 activara un dispositivo en que participaron persoal de Salvamento Marítimo, membros do GAEM, Protección Civil, Policia Local e Policía Nacional de Ribeira eo 061, que trasladou á zona unha ambulancia e un helicóptero medicalizado.