CRTVG

Buscar

Morre un home acoitelado pola súa parella en Bilbao

Publicado o 11/07/2020 18:43
Morre un home acoitelado pola súa parella en Bilbao

Un home de 35 anos faleceu en Bilbao ao ser acoitelado pola súa parella. Todo aconteceu durante unha discusión nunha pensión da cidade. Axentes da Ertzaintza atoparon o corpo en medio dun charco de sangue, con varias coiteladas no corpo.

A vítima foi evacuada a un hospital, pero foi imposible salvarlle a vida. A muller, de 33 anos, foi detida e trasladada ás dependencias da Policía Autonómica.