CRTVG

Buscar

Morre un home a causa das inundacións na comarca navarra de Tafalla

Publicado o 09/07/2019 16:49

O cadáver foi localizado polos bombeiros preto da localidade navarra de Moriones, ao sur de Pamplona. O home conducía un vehículo que foi arrastrado pola enchente causada pola torrenciais chuvias caídas na zona, que cuadruplicaron as cantidades previstas. "E había dous veciños desta vila que subiron e viron que estaba patinando. Como chegaba a enchente eles marcharon e dixeron, non sei que pasaría con este coche. E claro, coñécese que non saíu do coche e levouno", explica un veciño.

Os danos máis importantes rexistráronse nas localidades de Tafalla, Olite e Pueyo, onde o caudal do río Cidacos subiu catro metros en apenas seis horas. As augas anegaron rúas, baixos e garaxes soterrados, levando por diante todo o que atopaban ao seu paso. "Pero nada onte foi cuestión de 5 minutos, subiu a auga e rebentou a porta. Estaba dentro, si, non sei porqué pero estaba dentro", di unha veciña.

Hai numerosas estradas afectadas e a auga anegou tamén as vías do tren. O Goberno de Navarra solicitará a declaración de zona catastrófica para os concellos afectados.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

09/07/2019