CRTVG

Buscar

Morre un cazador dun disparo accidental en San Xoán de Río

Publicado o 19/01/2020 19:32

Unha batida de xabaril na montaña ourensá rematou do peor xeito. Un cazador morreu ao recibir un disparo accidental. Aconteceu sobre as tres da tarde, cando estaban a piques de abandonar o monte. Un xabaril aproximouse pola zona e o grupo intentou cazalo. Unha das balas, por causas que se investigan, rematou coa vida dun dos cazadores.

O falecido é un veciño de Ourense de 63 anos, un cazador experimentado, segundo relatan os seus compañeiros. Avisaron os servizos de emerxencias, que mesmo desprazaron un hélicoptero, pero non puideron facer nada para salvarlle a vida. O seu corpo foi trasladado ao hospital de Ourense para practicarlle a autopsia. A Garda Civil investiga as circunstancias do accidente.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí