CRTVG

Buscar

Morre un bebé de dez meses olvidado nun coche en Mallorca

Publicado o 11/08/2018 09:44

Un bebé de dez meses faleceu na localidade mallorquina de Manacor despois de que o seu avó a esquecera dentro do coche.

O home, que estaba a cargo da nena, deixouna durmindo no vehículo ás sete da mañá e ata as tres da tarde non se acordou de que a deixara alí. Volveu ao lugar e pediu axuda de maneira inmediata, pero no interior do coche as temperaturas eran moi altas. O bebé foi atendido por un médico que pasaba pola rúa ata que chegaron os servizos de urxencia, pero non puideron facer nada por salvarlle a vida. O avó tivo que ser atendido polo estado de nerviosismo en que se atopaba.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

11/08/2018