CRTVG

Buscar

Morre un ancián no centro de Valga ao ser atropelado por un turismo

Publicado o 11/02/2019 18:33

A vítima, un home de 87 anos e veciño de Valga, morreu atropelado a primeira hora da mañá mentres atravesaba a Nacional 550 ao seu paso polo centro da vila. É un único vehículo, por parte da Garda Civil de Tráfico estanse investigando as causas do accidente e non se poden facilitar máis datos. O único, resaltar que toda a atención é pouca na estrada, e que se cruce ou non se cruce polo paso de peóns, hai que ir atento á condución para evitar calquera tipo de problemas", sinala o sarxento de Tráfico Jorge Otero Corral.

A vítima atravesou a estrada nun lugar non permitido cerca dun paso de peóns. Os veciños din que cruzar esta estrada é un risco porque que aínda que está limitada a 50 o é frecuente que os condutores non respecten ese límite.

"Tes que estar con moitísima atención mirando, senón lévante por diante". "A queixa que dou é que hai moito tempo que estamos sen semáforos", apuntan as veciñas.

Din tamén que o semáforo que hai na zona non funciona con regularidade e que non é a primeira vez que se produce un atropelo mortal.

"Aquí houbo unha serie de atropelos enorme, moitas veces, aquí houbo accidentes, moitas mortes e todo iso. Dende o alto da Medela ata a rotonda morreu moita xente", lembra outro veciño.

A Garda Civil investiga agora as circunstancias deste último atropelo.




 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

11/02/2019