CRTVG

Buscar

Morre en Santiago tras sufrir unha indisposición e esnafrar o coche contra un farol

Publicado o 10/06/2021 20:37

Esta tarde en Santiago, un home de 70 anos sufriu unha indisposición ao volante e morreu tras esnafrar o coche contra un farol. O home circulaba xunto á súa muller a pouca velocidade cando comezou a atoparse mal. Perdeu o control do vehículo e bateu contra un farol. A pesar da rápida intervención dos bombeiros e as urxencias sanitarias, non foi posible reanimalo. A muller saíu ilesa.

Noticias web

10/06/2021