CRTVG

Buscar

Morre tras ser atropelado por un tren de mercadorías en Maside

Publicado o 20/04/2020 20:33
Morre tras ser atropelado por un tren de mercadorías en Maside

Un home de mediana idade faleceu esta tarde atropelado por un tren no concello ourensán de Maside. Ocorreu pouco antes das cinco da tarde, nunha zona de difícil acceso, nas inmediacións dun túnel. Foi o persoal do ADIF o que avisou o 112 de que un tren de mercadorías que fai a ruta entre Taboadela e Pontevedra, alcanzara unha persoa. Ata alí desprazáronse os bombeiros do Carballiño, que non tiveron que intervir, e o 061 que só puido confirmar o falecemento.

 

Noticias web

20/04/2020