Morre por coronavirus o expresidente francés Giscard d'Estaing
Publicado o 03/12/2020 20:15

O coronavirus acabou hoxe a vida do ex-presidente francés Valerie Giscard d'Estaing. O home que dirixiu os destinos de Francia entre 1974 e 1981 faleceu aos 94 anos de idade.
D'Estaing foi un dos últimos líderes galos que combateu na Segunda Guerra Mundial. Chegou ao poder con só 48 anos e unha mensaxe de modernización que acabou sepultada por escándalos e corrupción. Recobraría o protagonismo anos máis tarde como o principal redactor da Constitución Europea.