CRTVG

Buscar

Morre Peter Lindberg, o fotógrafo das 'top models' dos 90 en branco e negro

Publicado o 04/09/2019 20:34

Hoxe o mundo da moda di adeus a un dos fotógrafos máis influentes das últimas décadas, o alemán Peter Lindberg. Coñecido polas súas imaxes en branco e negro, deuse a coñecer nos anos 90 tras fotografar as top models da época.

A propia familia, a través dunha imaxe en branco e negro, un dos seus selos de identidade, anunciaba a través das redes sociais o falecemento do célebre fotógrafo aos 74 anos de idade, sen precisar máis circunstancias.

O alemán Peter Lindberg foi coñecido polas súas imaxes no mundo da moda. A finais dos anos 80 contribuíu á emerxencia dunha nova xeración de modelos que se converterían nas reinas da industria, entre elas, Cindy Crawford, Linda Evangelista ou Naomi Campbell.

Traballou para revistas como Vogue, Vanity Fair, Elle ou Marie Claire. Defensor dunha beleza real, natural e sen artificios, o obxectivo da súa cámara captou a celebridades de todo o mundo.

Autor das imaxes oficiais da voda de Marta Ortega, filla do fundador de Inditex, con Carlos Torretta na Coruña, entre os seus últimos traballos figura o retrato de Rosalía, portada de Vogue España do pasado mes de xullo.

Noticias web

04/09/2019