CRTVG

Buscar

Telexornal Serán FDS

Morre Paul Bocuse, impulsor da "nouvelle cuisine" francesa

Publicado o 20/01/2018 21:26

Paul Bocuse, impulsor da "nouvelle cuisine" francesa, falecía na súa vila natal, preto de Lyon, en vésperas de cumprir os 92 anos. Padecía párkinson desde hai tempo.

Bocuse era o cociñeiro máis célebre do seu país. Comezaba nos fogóns con tan só 10 anos nunha casa de comidas familiar. Na súa carreira acadaba tres estrelas Michelin que o acompañaron máis de 50 anos. Esta lenda dos fogóns franceses foi designado como o mellor cociñeiro do século por críticos e guías gastronómicas. Co seu libro "A cociña de mercado" impulsaba na década dos 70 a "nouvelle cuisine" e creaba máis adiante o prestixioso concurso bienal de gastronomía Bocuse d'Or.