Morre Patxi Andión nun accidente de tráfico
Publicado o 18/12/2019 21:04
Sucédense as mostras de pesar polo falecemento do cantante Patxi Andión.
Acadou o éxito cun tema dedicado ao rastro madrileño, pero destacou como compositor para outros autores. Tamén foi actor e escritor.
Sociólogo de formación, fixo a tese de doutoramento sobre a prensa do corazón e casou cunha das súas protagonistas, a Miss Universo Amparo Muñoz.
Patxi Andión faleceu hoxe nun accidente de tráfico en Soria. Tiña 72 anos.