Morre o poeta nicaraguano Ernesto Cardenal
Publicado o 02/03/2020 08:48
Morre o poeta nicaraguano Ernesto Cardenal, aos 95 anos. O revolucionario sacerdote, figura clave da Teoloxía da Liberación, levaba catro días hospitalizado. Estreito colaborardor do Frente Sandinista, Cardenal foi un dos autores máis prestixiosos de Nicaragua, con obras traducidas a 20 idiomas e unha chea de galardóns que recoñecen o seu traballo, como o premio Raíña Sofía de Poesía Iberoamericana.