CRTVG

Buscar

Morre o operario dun guindastre ao ser atropelado por un vehículo na M-45 en Madrid

Publicado o 17/02/2021 08:12
Morre o operario dun guindastre ao ser atropelado por un vehículo na M-45 en Madrid

Un condutor dun guindastre de 43 anos faleceu e un chófer de VTC quedou ferido grave ao seren atropelados na M-45 en Madrid, á altura de San Fernando de Henares.

Unha muller de 39 anos perdeu o control do veículo e levou por diante o operario do guindastre, que estaba retirando un coche avariado. Tamén atropelou o condutor dun VTC que acudira ao lugar para trasladar os ocupantes dese veículo. Era unha parella que logrou salvar a vida ao saltar o valado da autoestrada.

 

Noticias web

17/02/2021