CRTVG

Buscar

Morre Andreas Pérez, o piloto de 14 anos que sufriu un accidente en Montmeló

Publicado o 11/06/2018 11:23
Morre Andreas Pérez, o piloto de 14 anos que sufriu un accidente en Montmeló

O mozo Andreas Pérez, de 14 anos, que onte sufriu un grave accidente no Circuit Barcelona (Cataluña) faleceu este luns debido ás graves lesións.

O novo piloto caeu na curva números seis e foi arroiado por outros corredores, que lle causaron graves lesións. Tralo accidente, recibiu atención médica na pista e despois foi trasladado en helicóptero ao Hospital de Sant Pau (Barcelona), onde estivo as últimas horas na UCI.

Andreas P.M. participaba na segunda manga da categoría Moto3 do Campionato do mundo júnior, que era a cuarta cita do campionato de España de velocidade.

O novo piloto catalán fora un dos destacados no Copa de Talentos Europeos do ano pasado, con dúas vitorias e outros podios, finalizando a tempada en cuarta posición.

 

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

11/06/2018