CRTVG

Buscar

Morre o home que se tirou dun noveno andar durante un rexistro en Vigo

Publicado o 17/10/2019 21:24

Un home de 35 anos que acabara de ser detido por presuntos delitos contra a liberdade sexual, detención ilegal e revelación de segredos, faleceu tras guindarse pola fiestra dun noveno piso en Castrelos, Vigo, mentes se realizaba un rexistro na vivenda.

A Policía Nacional investigaba unha denuncia dunha muller que viñera a España como empregada interna pero a familia a tiña retida á forza e a obrigaba, entre outras cousas, a facer as tarefas en camiseta e roupa interior. Conseguiu fuxir un día na rúa e denunciou. Axentes da comisaría agardaban o sospeitoso nas inmediacións do domicilio e procederon á súa detención.

A muller do falecido permanece detida e a Policía Nacional continúa coa investigación por se detrás destes feitos se atope unha organización criminal de trata e haxa máis mulleres afectadas.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí