CRTVG

Buscar

Morre o galeguista Xosé Luís Franco Grande

Publicado o 31/03/2020 14:54

Xosé Luís Franco Grande morreu a pasada madrugada aos 84 anos de idade, dunha enfermidade que viña padecendo desde hai tempo.

Franco Grande, nado en 1936, era natural de Tebra, Tomiño. Formou parte dun grupo de escritores galeguistas, resistencia cultural dunha xeración, que fixo de ponte coa Xeración Nós.

Estudou bacharelato en Vigo e posteriormente estudou Dereito na Universidade de Santiago de Compostela. Traballou no deparatamento xurídico de Caixanova, pero destaca e é recoñecido a través dos seus traballos literarios e do ensaio. Membro da Real Academia Galega desde 1998.

En 1968, a editorial Galaxia publica o seu Dicionario Galego-Castelán, unha obra que foi reeditada en numerosas ocasións.