CRTVG

Buscar

Morre o expiloto valenciano Jorge Lis, quen rexeitou vacinarse

Publicado o 08/09/2021 16:27
Morre o expiloto valenciano Jorge Lis, quen rexeitou vacinarse

Morre o piloto valenciano Jorge Lis, que faleceu pola covid despois dun mes e medio ingresado en coidados intensivos. Tiña 46 anos e o seu caso fíxose famoso porque non cría no coronavirus. Rexeitou a vacina e a súa irmá deu a coñecer o seu arrepentimento despois de que ingresara, confesando que tiña medo. Jorge Lis pasara de coidarse dos contaxios a interesarse por teorías negacionistas en Internet. E mesmo intentara convencer a súa nai de que non se vacinara.

Noticias web

08/09/2021