CRTVG

Buscar

Morre o ex-conselleiro Dositeo Rodríguez con coronavirus aos 84 anos

Publicado o 27/03/2020 16:14
Morre o ex-conselleiro Dositeo Rodríguez con coronavirus aos 84 anos

O ex-conselleiro de Presidencia Dositeo Rodríguez morreu este venres aos 84 anos no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago, onde permanecía ingresado tras ser diagnosticado de coronavirus desde mediados desta semana.

A morte do ex-dirixente do Partido Popular de Galicia, que formou parte do Goberno autonómico entre 1990 e 1999, fai a número 45 entre as vítimas desta pandemia na comunidade galega.

Rodríguez naceu en Ribas de Sil en 1935. Licenciado en Dereito e profesor mercantil, foi deputado no Parlamento galego durante seis anos e optou en varias ocasións á alcaldía de Santiago, onde foi voceiro municipal do PP. Nese período ocupou, ademais, a vicepresidencia da Deputación da Coruña. Tamén foi membro do Consello de Contas.

A principios deste ano foi absolto dun delito de malversación de fondos pola xestión da Fundación Cela, de cuxo padroado era membro.