CRTVG

Buscar

Morre o escritor chileno Luis Sepúlveda por coronavirus

Publicado o 16/04/2020 11:23
Morre o escritor chileno Luis Sepúlveda por coronavirus

O escritor, guionista e director de cinema chileno Luis Sepúlveda faleceu este xoves aos 70 anos nun hospital de Oviedo onde permanecía ingresado desde o 29 de febreiro por unha pneumonía asociada ao coronavirus.

Sepúlveda (Ovalle, Chile, 1949), foi o primeiro paciente diagnosticado de  COVID-19 en Asturias, onde vivía desde hai máis de 20 anos, e un dos primeiros en España. Levaba 48 días ingresado no hospital universitario de Oviedo.

Militante comunista, Sepúlveda viuse obrigado a abandonar o seu Chile natal en 1977, tras ser represaliado polo réxime ditatorial de Augusto  Pinochet.

Viaxeiro  impenitente, Sepúlveda está considerado membro do grupo de escritores latinoamericanos posteriores ao boom do realismo máxico, e recibiu premios como o de poesía Gabriela Mistral (1976), o Rómulo Galegos (1978), o premio de narrativa Superflainao (1993) ou o Premio Ovidio, concedido en 1998 en Italia por A última fronteira.