Morre o deputado arxentino tiroteado en Bos Aires
Publicado o 13/05/2019 08:21
O deputado arxentino ferido a semana pasada nun tiroteo fronte ao Congreso morreu no hospital bonaerense no que permanecía ingresado.
Héctor Olivares tiña 61 anos e pertencía a Unión Cívica Radical, partido polo que obtivo acta de deputado representando a provincia da Rioxa arxentina.
No tiroteo morreu o seu asesor Miguel Yadón e pouco despois a policía arrestaba os dous pistoleiros.
O Goberno arxentino decretou dous días de loito oficial.
Máis sobre actualidade
27/02/2021 22:29
27/02/2021 22:18
27/02/2021 21:50