Falecen dous veciños de Sobrado dos Monxes en senllos accidentes de tráfico
Publicado o 28/03/2021 11:19
Nun dos accidentes rexistrado na parroquia de Grixalba, en Sobrado dos Monxes, morría un home que ía de copiloto nun turismo que saíu da vía e envorcou. Unha das vítimas do accidente quedou atrapada e precisouse a intervención dos bombeiros de Arzúa e o GES de Curtis.
A pesar dos esforzos dos equipos de emerxencia e de urxencias sanitarias non se puido facer nada por salvarlle a vida. Mesmo se solicitou un helicóptero para o seu traslado, que finalmente non foi empregado.
Tamén o sábado pola noite se producía outro accidente en que falecía o conductor dun vehículo, tras saír da vía mentres circulaba pola estrada que une Teixeiro e Sobrado, na parroquia de Cumbraos. Neste caso, interviñeron o GES de Curtis, e a Garda Civil de Tráfico.