CRTVG

Buscar

Morre o condutor dun turismo que caeu por un terraplén en Porto do Son

Publicado o 24/10/2019 20:12
Morre o condutor dun turismo que caeu por un terraplén en Porto do Son

O condutor dun turismo faleceu este xoves tras caer por un desnivel cando circulaba pola AC-550, ao paso polo concello coruñés de Porto do Son (A Coruña). No rescate do único ocupante do turismo participaron os bombeiros barbanceses, mentres que o servizo sanitario de urxencia enviou á zona o helicóptero con base en Santiago, pero nada puido facer por salvarlle a vida. Este operativo activouse ás 18,30 horas deste xoves, despois de recibir o 112 Galicia diversas chamadas de particulares que avisaban dun vehículo fóra da vía e envorcado sobre a maleza dun terraplén.  

Con estes datos, os xestores do 112 informaron os bombeiros de Boiro e Ribeira ante a posibilidade de que houbese unha persona atrapada no interior. Efectivamente, os bombeiros sacaron ao único ocupante do vehículo sen a necesidade de máis medios, pero a persona estaba xa falecida. Pola súa banda, Urxencias Sanitarias de Galicia-061 enviou á zona un equipo no helicóptero con base en Santiago, pero nada puido facer polo condutor. Neste operativo colaboraron tamén os axentes da Policía Local e da Garda Civil de Tráfico.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

24/10/2019