CRTVG

Buscar

Morre o condutor dun ciclomotor golpeado por un turismo en Moeche

Publicado o 12/01/2018 14:25

Un home de 63 anos, veciño de Cerdido, faleceu nun accidente de tráfico. Un coche chocou contra o seu ciclomotor. O accidente foi na parroquia de Abade, no concello de Moeche, na estrada que comunica Ferrol con Viveiro. A Garda Civil investiga as causas do sinistro, porque é unha recta con boa visibilidade.

O accidente ocorreu contra as 7 da tarde na parroquia de Abade nesta recta da estrada AC-862 que une Ferrol con Viveiro. Por causas que se descoñecen, un vehículo chocou por alcance contra un ciclomotor provocando a morte do condutor. A vítima é un veciño de Cerdido de 63 anos que con frecuencia circulaba por esta estrada.

Distancias das que deixan constancia as marcas realizadas na estrada polo equipo de atestados que investiga as causas do accidente. Os veciños da zona non se explican que puido pasar, xa que é unha recta con boa visiblidade. Cren que o impacto tivo que ser forte para deixar o corpo a tanta distancia do ciclomotor.

A vítima foi trasladada ao Hospital Naval de Ferrol para realizarlle a autopsia.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

12/01/2018