CRTVG

Buscar

Morre o condutor do coche accidentado o domingo no concello de Lobios

Publicado o 05/10/2020 13:57

Un accidente en Lobios o domingo á tarde deixou unha nova vítima mortal nas estradas galegas. Aconteceu na estrada que une Ourense coa fronteira portuguesa. Un particular daba aviso dun coche que saíra da vía e envorcara.

Os efectivos do GES de Lobios tiveron que liberar o condutor, un home de nacionalidade portuguesa, que quedara atrapado no interior do vehículo. Foi evacuado en helicóptero ao hospital de Ourense, despois de ser reanimado e estabilizado no lugar do sinistro.

Alí ingresou con prognóstico moi grave. Este mediodía coñeceuse que finalente faleceu.

Noticias web

05/10/2020