CRTVG

Buscar

Morre o célebre modisto francés Givenchy aos 91 anos en París

Publicado o 12/03/2018 21:43

 

O célebre modisto Hubert de Givenchy morreu en París aos 91 anos. Foi o sábado pero a noticia coñeceuse hoxe. O mundo da moda perde un dos seus grandes creadores. Fundador da casa de moda que leva o seu nome e sinónimo de elegancia parisiense, Givenchy vestiu celebridades do século XX como Jaqueline Kennedy ou Audrey Hepburn. De feito para a actriz creou algunhas das súas pezas máis célebres como o famoso vestido negro de 'Almorzo con diamantes'.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

12/03/2018