CRTVG

Buscar

Telexornal Mediodía

Morre o actor Ernesto Chao aos 74 anos

Publicado o 06/08/2018 15:01

As artes escénicas galegas están hoxe de loito. Faleceu o actor Ernesto Chao, o mítico Miro Pereira de 'Pratos combinados'. 

O corpo do actor ourensán está a ser velado no tanatorio compostelán de Boisaca. Ernesto Chao faleceu esta mañá no Complexo Hospitalario de Santiago aos 74 anos, tras unha longa enfermidade. Interpretou múltiples papeis tanto en cine, coma en teatro e televisión. Foi precisamente na pequena pantalla onde adquiriu maior fama interpretando a Miro Pereira, personaxe polo que sempre será recordado.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí