CRTVG

Buscar

Morre atropelado polo seu fillo cun tractor, que quedou ferido ao tentar salvalo

Publicado o 07/05/2018 14:52

Finalmente morreu, no hospital, o home de 78 anos que onte á tarde foi atropelado accidentalmente polo tractor que levaba o seu fillo.

Estaba gardándoo nun alpendre con pendente, ao volver os dous de traballar a terra. Ao querer axudar o seu pai, o tractor tamén o levou por diante a el, que quedou mancado. 

Acontece onte pola tarde en Vilar de Santos, na entrada con pendente a este galpón. Segundo lle contou o fillo á Garda Civil, atropelou o seu pai accidentalmente cando estaba gardando o tractor.

O home non superou as graves feridas e faleceu esta mañá no Complexo Hospitalario de Ourense. Tiña 78 anos. O fillo, de 38 anos, quedou ferido leve ao querer axudar o pai. 

Un fatal accidente que alterou unha tranquila tarde de domigo neste concello limiao onde moitos estaban a traballar a terra.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

07/05/2018