CRTVG

Buscar

Morre na igrexa e o cura continúa coa misa, en Esposende

Publicado o 26/11/2019 19:25

Hoxe é o tema do que máis se fala nos faladoiros do medios de comunicación. Recordarán que en Galicia, en Santo André de Teixido, acontecera un caso semellante que se fixera moi coñecido. Daquela a xente que acudía á misa déralle a razón ao cura. Fixo ben en continuar, dixeran.

Pero en Esposende, a unha hora de Tui máis ou menos, os asistentes á misa criticaron duramente o seu cura por non parar mesmo cando os sanitarios acudiron a esta igrexa e intentaron reanimar o home durante media hora con todos mirando e o sacerdote celebrando a eucaristía.

O párroco de Esposende, ante as críticas, di que era o mellor momento para rezar por alguén.

Noticias web

26/11/2019