CRTVG

Buscar

Morre Landelino Lavilla, ministro de UCD e figura clave na Transición

Publicado o 13/04/2020 14:17
Morre Landelino Lavilla, ministro de UCD e figura clave na Transición

Landelino Lavilla foi  ministro de xustiza con Adolfo Suarez, presidente do Congreso dos deputados durante o 23F e actualmente era membro do Consello de Estado. Morreu hoxe aos 85 anos de idade despois dunha longa enfermidade. Segundo confirmaron fontes do seu entorno xa levaba 15 días ingresado en coidados intensivos.

Landelino Lavilla foi unha figura clave na Transición española. De formación xurídica, ingresou no Corpo de Letrados do Tribunal de Contas e no do Consello do Estado, do que agora era conselleiro permanete. Malia que a súa saúde era precaria mantíñase activo ata o seu ingreso no hospital.

Lavilla era fillo de funcionario. Nacera en LLeida o 6 de agosto de 1934. Estudou Dereito, primeiro en Zaragoza e despois lincenciouse na Universidade Central de Madrid.