Morre Josep Puyol, o creador do coñecido biscoito Pantera Rosa
Publicado o 20/11/2019 17:39

Hoxe morreu o catalán Josep Puyol, o artífice do Pantera Rosa. O característico biscoito de Bimbo, recuberto cunha capa de azucre de cor rosa e recheo de nata, recibiu este nome do personaxe de debuxos animados. Foi facendo probas con colorantes, e foi no ano 1973 cando Puyol deu coa "fórmula" deste doce pastel. Dende que se soubo a nova, non pararon de sucederse as manifestacións de cariño nas redes sociais.