CRTVG

Buscar

Telexornal Mediodía

Morre Jorge Zorreguieta, pai da raíña Máxima de Holanda

Publicado o 09/08/2017 15:29

Jorge Zorreguieta, pai da raíña Máxima de Holanda, faleceu este martes nunha clínica de Bos Aires a causa dunha longa enfermidade. O seu estado de saúde empeorou nas últimas semanas, razón pola que a soberana dos Países Baixos viaxou de urxencia ao país.

Nesta clínica privada de Bos Aires, situada no barrio da Recoleta, faleceu o empresario arxentino, Jorge Zorreguieta, pai da raíña Máxima de Holanda aos 89 anos. Segundo o informe médico, Zorreguieta xa levaba uns días hospitalizado e finou por mor dunha complicación nun linfoma que padecía dende hai tempo.

Os medios de comunicación locais deron a voz de alarma cun breve parte médico e a última hora do día, a propia embaixada dos Países Baixos na Arxentina confirmou a noticia. A súas maxestades a raíña Máxima e o rei Willem Alexander comunicaban con gran pesar o falecemento de Jorge Zorreguieta.

Máxima de Holanda viaxou de urxencia a Bos Aires durante a fin de semana e foi fotografiada á saída da clínica na que se atopaba o empresario. Este mércores está previsto que se celebre o funeral na máis estricta intimidade e coa presenza da raiña Máxima, o rei Willem Alexandre e as súas dúas fillas, segúndo confirmou o Estado holandés.

Zorraguieta foi ministro de Agricultura e Gandería durante a última ditadura militar arxentina. Un pasado que lle impediu acudir á voda e á coroación da súa filla.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí