CRTVG

Buscar

Morre esmagado por un barco contra o peirao de Moaña

Publicado o 06/09/2020 09:50
Morre esmagado por un barco contra o peirao de Moaña

Un home de 38 anos faleceu este sábado pola noite esmagado por un barco contra o espigón do peirao deportivo de Moaña. Era un dos membros da tripulación do barco que o esmagou.

Ao parecer, o mariñeiro estaba no exterior da embarcación mentres esta realizaba manobras de aproximación e atraque ao porto cando se rexistrou o tráxico accidente. Ata o lugar desprazouse persoal de Urxencias Sanitarias, que non puideron facer nada por salvarlle a vida e morreu no traslado en ambulancia de camiño ao hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo.