CRTVG

Buscar

Telexornal Serán

Morre en Vigo a escritora galega Xohana Torres

Publicado o 13/09/2017 22:21
A cultura galega perde a Xohana Torres. A escritora e membro da Real Academia Galega, de 85 anos, recibiu o seu último adeus este serán en Vigo. Queda a súa obra, recoñecida especialmente polo súa achega á poesía galega contemporánea.
Xohana Torres naceu en Compostela. Sempre en galego, cultivou a narrativa, o teatro, o ensaio e a literatura infantil, pero a súa constante foi a creación poética, que está considerada unha das voces máis destacadas entre os poetas de posguerra.
En 1957 publicou o seu primeiro libro, 'O sulco', e a última, editada hai apenas un ano, foi tamén unha obra poética, 'Elexía a Lola'.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Telexornal Serán

13/09/2017