Morre en Santiago o médico Jerónimo Forteza, referente da anatomía patolóxica en España
Publicado o 26/04/2021 20:58

Hoxe coñeceuse o falecemento en Santiago prestixioso médico Jerónimo Forteza Vila aos 80 anos de idade. Nacido en Valencia, desenvolveu a maior parte da súa carreira profesional en Galicia. Foi xefe do servizo de Anatomía Patolóxica do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago e catedrático desta especialidade médica na Universidade de Compostela. Forteza Vila era un referente tamén da anatomía patolóxica en España.