CRTVG

Buscar

Morre en Barcelona o bebé de dous meses presuntamente maltratado polo seu pai

Publicado o 21/01/2019 17:44

Morre en Barcelona o bebé de dous meses presuntamente maltratado polo seu pai. O bebé ingresou hai dúas semanas no hospital cun hematoma na cabeza e un brazo fracturado. Tamén tiña cinco costelas rotas que indicaban que foi maltratado en máis dunha ocasión. Estaba en estado de coma inducido, enchufado a unha máquina con derrame cerebral, desprendemento de retina e outros danos. O pai do bebé foi detido, pero actualmente está en liberdade provisional con cargos

 

 

 

Noticias web

21/01/2019