CRTVG

Buscar

Morre Elio Berhanyer, o último dos grandes deseñadores da moda española

Publicado o 24/01/2019 20:09


Precisamente, na Madrid Fashion Week rendéronlle homenaxe a Elio Berhanyer que faleceu hoxe aos 89 anos. A moda española perde con el o último dos seus grandes referentes. O modisto, como a el lle gustaba que lle chamaran, tiña 89 anos. Foi un dos grandes deseñadores da alta costura e xunto con Balenciaga e Pertegaz, déronlle á moda española un lugar destacado a nivel internacional. O paso da alta costura á produción en serie das coleccións fíxoo de xeito exquisito. Das súas mans saíron vestidos para a raíña Sofía, a duquesa de Alba e tamén para artistas como Ava Gardner ou Lola Flores.
Berhanyer revolucionou, ademais, o concepto do uniforme cos seus deseños para as azafatas de Iberia. En total presentou máis dun cento de coleccións. O seu talento foi recoñecido con numerosos premios nacionais e internacionais.



 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

24/01/2019